top of page

O Concello de Palas de Rei solicita 400.000 euros á Xunta para a mellora integral da Casa da Cultura

Ecos da Comarca/Palas de Rei

O Concello de Palas de Rei acollerase a orde de Proxectos Estratéxicos da Consellería de Presidencia e solicita unha axuda de 400.000 euros para a rexeneración e mellora integral do edificio da Casa de Cultura de Palas de Rei.

Está previsto facer nestas instalacións unha agrupación de varios servizos que presta o Concello que actualmente vén acollendo xa varios servizos de carácter municipal como a Escola Infantil e a radio local (Radio Palas FM).

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Con estas obras, permitirase habilitar novos espazos para a prestación doutros servizos existentes como a Aula de Música, ou a Escola de Teatro, entre outros.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

As obras, permitirán a instalación dunha nova cuberta sobre a edificación, o reacondicionamento completo das estancias do 1º e 2º andar. Os traballos abarcan a renovación da cuberta e interiores do Salón de Actos.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page