O Concello de Palas de Rei reparte hoxe 920 euros en premios no seu desfile de Entroido
- Laura Moure
- 26 feb 2022
- 1 Min. de lectura
A celebración continuará o luns cunha festa infantil
Laura Moure/Palas de Rei
Uns singulares peregrinos foron os encargados de iniciar a temporada alta das peregrinacións por Palas de Rei. Eles foron o alumnado que xunto con resto da comunidade educativa do CEIP de Palas de Rei, que ataviados/as cos mellores traxes engalanaron o pobo e déronlle así, o pistoletazo de saída aos actos de entroido nesta localidade. Distribuídos en diferentes grupos, iniciaron cada un deles un percorrido distinto polo casco urbano palense, onde os establecementos comerciales selláronlles unha particular credencial (elaborada por eles mesmos), con destino final común a Praza do Concello de Palas de Rei, onde completaron a credencial co sello do Concello e a recepción oficial por parte do alcalde, Pablo Taboada.

Seguidamente, no centro educativo unha chocolatada popular foi a encardada de facer que estes singulares camiñantes repoñesen as forzas despois da viaxe. Con isto, o colexio de Palas completa a programación do Entroido, logo dunha semana marcada polas “Ordes do Meco” ambientada este ano no Ano Santo Xacobeo.
O resto de actos de Entroido en Palas de Rei continúan hoxe, sábado 26 de febreiro, cun desfile de Entroido a partir das 18:30 horas e no que o Concello reparte 920 euros en premios entre as diferentes categorías, así como, o luns 28 de febreiro, que será o Entroido infantil adicado aos nenos e nenas con xogos inchables na Praza do Concello a partir das 16:30 horas e tamén haberá merenda individual.
Comments