Lembra que que existe un punto limpo para depositar todo tipo de residuos gratis
Laura Moure/Monterroso
O Concello de Monterroso limpiou e reciclou os residuos depositados de maneira incontrolada e totalmente irresponsable na parroquia de Ligonde e de Sucastro. "Nestes lugares que están únicamente habilitados en datas señaladas para o depósito de plásticos agrícolas faise un uso indebido e insensato", lamenta o Concello.
O goberno local lembra a toda a veciñanza que no Punto Limpo, sito na parroquia de San Miguel de Penas ao carón da Nacional 640, pódese depositar totalmente gratis todo tipo de residuos. "Entre todos loitemos por un Monterroso máis limpo e máis respectuoso ca veciñanza e co medio ambiente e censuremos este tipo de conductas para que esto non volva suceder", incide.
Comments