top of page

O Concello de Monterroso recibe novo material tecnolóxico para a Aula Cemit

Laura Moure/Monterroso

Tras a adhesión ao Plan de Reforma e Ampliación da Rede Cemit por parte do Concello de Monterroso, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia realizou unha entrega de material no mes de marzo (Impresora 3D, 1 xogo de robótica composto por 6 robots educativos e 6 xogos de construción, 5 unidades de drons, 2 unidades de gafas de realidade virtual e 2 controladores e 1 xogo de placas de comunicación e programación, composto por 4 placas tipo Arduino e raspberry Pi 4 Model Quad-core 64 bits).ç


Publicidade

O alcalde de Monterrso, Eloy Pérez, vén de recibir a entrega da segunda parte do material, que se compón de 18 ordenadores, 10 tablets, 1 webcam, 1 Usb, 1 Trípode con anel de luz e 1 Panel Croma.


Publicidade

Estes dispositivos serán instalados polos técnicos da Xunta de Galicia os vindeiros días e estarán a disposición do veciños e veciñas da vila en datas próximas, a través do programa de actividades para o 2024 no que xa traballa o Goberno local. Todo o material estará a disposición na Aula Cemit no Centro Sociocultural de Xuventude e Terceira Idade.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page