top of page

O Concello de Monterroso pon en marcha un servizo para favorecer a conciliación os sábados pola mañá

Laura Moure/Monterroso

O Concello de Monterroso vén de poñer en marcha un novo servizo para favorecer a

conciliación persoal, familiar e laboral o sábados en horario de 10 a 14 horas. Este novo servizo engróbase dentro dun plan para mellorar a calidade de vida das familias monterrosinas no que se integra os seguinte programas: almorzos saudables

en período lectivo dende as 8 da mañá ata o inicio das clases, a ocioteca municipal en

horario de 15:15 a 20:30 horas, as actividades deportivas en horario de tarde, escolas

de música, campamentos de verán e campamentos informáticos.

"Unha completa programación para que as familias con menores de idade podan

conciliar a súa vida persoal, familiar e laboral. Este novo servizo pretende a conciliación plena das familiar con menores de idade e que isto supoña un apoio real e efectivo", recalca o Concello.


Prioridade

Este servizo será totalmente gratuíto e desenvolverase os sábados de 10 a 14 horas

para facilitar a conciliación tendo prioridade as familias monoparentais, familias

numerosas, vítimas de violencia de xénero, unidades familiares con outras cargas

relacionadas cos coidados, mulleres maiores de 45 anos, actividades laborais dos

proxenitores que dificulten a conciliación ou proxenitores en situación de desemprego

de larga duración en búsqueda de emprego e formación. As inscricións ao servizo dos sábados activos poderá ser mensual ou semanal.


A alcaldesa de Monterroso, Rocío Seijas, sinala "que a conciliación para as familias con

menores de idade supón en moitos casos unha gran dificultade e por iso dende as

administración debemos facilitar ferramentas que supoñan un apoio real e efectivo

para apoiar a aquelas nais e pais con horarios laborais e formativos que exceden do

escolar ou que teñan responsabilidades no coidado familiar". Explica ademais, que a súa prioridade "sempre será o benestar dos monterrosinos para lograr, creando servizos de calidade e asequibles e mellorando os existentes, reter e atraer poboación".

Ademais, a rexedora destaca que "con este novo servizo Monterroso convertese no primeiro concello da provincia en ofertar servizos de conciliación dende as 8 da mañá ata as 20:00 horas da tarde de luns a venres e os sábados dende as 10 horas as 14 horas".

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page