As obras van ter unha duración dun mes e dotarán ao camiño dunha capa de rodadura adecuada ao seu uso
Laura Moure/Monterroso
O Concello de Monterroso vai levar a cabo as obras de mellora do camiño de acceso ao núcleo de Esporiz. O alcalde, Eloy Pérez, acompañado polos concelleiros Jessica Rodríguez e Balbino Martínez, visitaron a zona onde se van acometer os traballos. A actuación vai consistir en dotar a ese camiño dunha capa de rodadura adecuada ao seu uso e á súa función e que evite a continua presenza de fochas que dificultan a circulación con seguridade.
Antes dos traballos de aglomerado, o Goberno local vaise encargar de cambiar a canalización de abastecemento, que era de fibrocemento, para substituíla por polietileno, evitando así as avarías que se viñan producindo de xeito continuo.
Para iso proponse:
-O fresado de pavimento bituminoso ou de formigón existente, para un espesor de 5 cm, incluso carga, barrido, retirada e transporte de residuos a lugar de emprego e/ou xestor autorizado ata unha distancia de 60 km,
-A limpeza enérxica de superficie de pavimento existente, mediante cepillo de aramio.
-A limpeza de foxo con motoniveladora (2 foxos), incluíndo carga e transporte a vertedoiro.
- O firme a base de aglomerado en quente tipo D-12 de 5 cm de espesor, medido unha vez estendido e compactado, incluso rega de adherencia con 1 Kg de emulsión tipo ECR-2.
-O recalce de tapas de rexistro en calzada con dado de formigón HA-25 armado con fibras de aceiro con dosificación 30 kg/m3 e espesor mínimo de 25 cm, incluso sinalización, balizamento, curado e protexido con pranchas de aceiro ancladas ao pavimento durante o fraguado de polo menos cinco (5) días.
-A xestión de residuos.
-Medidas de seguridade e saúde.
Publicidade
A obra, que conta cun orzamentos de 16.015,69 euros, vai ser financiada con cargo ao Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2024. A duración dos traballos será de un mes.
Comments