Laura Moure/Monterroso
O BOP publicou onte, venres, as bases reguladoras de selección para axudas a empresas a través de incentivos á contratación temporal por conta allea do alumnado traballador do obradoiro dual de emprego 'Camiño de Santiago III'.
O Concello de Monterroso, xunto cos Concellos de Palas de Rei e Portomarín, está a desenvolver o obradoiro dual de emprego 'Camiño de Santiago III', sendo o Concello de Monterroso o promotor e representante.
Os incentivos á contratación temporal por conta allea teñen como finalidade facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas participantes nos obradoiros duais de emprego.
Publicidade
O obradoiro dual de emprego iniciou a súa actividade o día 3/10/2022 e rematará o
vindeiro 02/10/2023.
Os contratos temporais incentivaranse cunha subvención fixa de 1.500 euros por cada traballador/a, correspondente ao contrato mínimo de tres meses a xornada completa.
Publicidade
Máis información no BOP: https://www.deputacionlugo.gal/gl/node/79833
Comments