Laura Moure/Monterroso
O Concello de Monterroso fixo entrega de medidores de CO2, así como un lote de mascarillas FPP2 aos seus 34 hostaleiros. Tanto restaurantes como bares e cafeterías recibiron de balde o seu aparello xunto cun lote de mascarillas deste tipo.O Concello considera que é unha axuda moi beneficiosa para todos os negocios de hostelería do municipio a poder axudalos así a que se axusten ao Plan de Hostalería Segura de Galicia que esixe garantir a calidade do aire no local.
O equipo de goberno cre que "a hostelería precisa nestes intres máis apoio que nunca por atoparse nunha tesitura enormemente delicada, de xeito que se está en constante busca de posibles vías de colaboración legales e asumibles desde o Concello e esta é una delas agradecéndolles así a súa valentía por seguir adiante nestes tempos difíciles e dando moito ánimo e moita forza para continuar remontando na súa actividade profesional". Ademais, con esta medida tamén se pretende "concienciar á cidadanía da seguridade e confianza que ofrece a hostelería monterrosina, así como garantir a calidade logo do enorme esforzo que están a facer os hostaleiros para facer fronte ás medidas preventivas da Covid-19",
Comments