O Concello de Monterroso destaca o "éxito" da XII Concentración Moteira da pasada fin de semana
- Laura Moure
- hace 9 minutos
- 1 Min. de lectura
Ao longo do sábado e domingo máis de 300 motos déronse cita nesta localidade
Laura Moure/Monterroso

O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, subliña o éxito de participación da XII Concentración Moteira que se celebrou na vila o sábado e o domingo atraendo a centos de afeccionados ao motor.
Ao longo do sábado e domingo máis de 300 motos déronse cita en Monterroso nunha concentración na que houbo xogos, exhibicións, música, premios e sorteos.
Publicidade
Un dos momentos máis concorridos foi a exhibición de Paulo Martinho, pioneiro do Freestyle a nivel europeo, quen fixo un pase pola tarde e outro de madrugada, congregando a centos de seguidores desta modalidade deportiva.
Publicidade
O rexedor agradece o traballo levado a cabo polo Motocuble Ó Corte e destaca a recuperación desta cita que había anos que non se celebraba e que remata "de xeito exitoso" para a vila.
Comentarios