top of page

O Concello de Monterroso conta cunha ocioteca municipal

O servizo diríxese a nenos e nenas en idades comprendidas entre os 3 e os 11 anos e as familias poden elixir entre xornada completa ou media xornada ou bonos por horas


Laura Moure/Monterroso

O Concello de Monterroso conta cunha ocioteca municipal.Trátase dun servizo infantil de conciliación familiar con horario extraescolar. A ocioteca funciona en época escolar, con horario de 15:30 a 20:00 horas e tamén en época estival, con horario de 08:30 a 14:30 horas.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O servizo diríxese a nenos e nenas en idades comprendidas entre os 3 e os 11 anos. As familias poden elixir entre xornada completa ou media xornada ou bonos por horas. Este servizo municipal conta con moi boa acollida e ten unha media de 20 usuarios e usuarias por día.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Actualmente está atendido por dúas monitoras, que se encargan de organizar diferentes actividades lúdicas e de ocio para o entretemento dos nenos e nenas.


Agora mesmo todas as súas prazas están cubertas. Pódese obter máis información sobre este servizo municipal no Concello de Monterroso.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Kommentit


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page