top of page

O Concello de Monterroso colabora coa XX Festa da Xuventude que será o 31 de xullo

Laura Moure/Monterroso

O Goberno local do Concello de Monterroso colabora de novo coa Festa da Xuventude, que este 2026 cumpre dúas décadas. O cartel desta cita, que se celebrará o venres, foi presentado polo alcalde, Eloy Pérez, acompañado do equipo de Goberno, e das integrantes da comisión, a Asociación As Pequenas.

A celebración terá lugar este venres 31 de xullo e combinará diferentes actividades e unha ampla programación musical ao longo da xornada.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

A festa dará comezo ás 16:30 horas no Espazo Cultural Lorenzo Varela coacelebración de xogos populares, unha proposta pensada para fomentar a participación e o ambiente festivo entre a veciñanza.


A partir das 19:00 horas terá lugar unha ruta de bares que estará amenizada pola charanga Eravisto.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Xa pola noite, desde as 00:00 horas, o protagonismo será para a música en directo co concerto do grupo Punto Clave. A celebración segue coa sesión de DJ Maikstyle e rematará coa actuación de DJ Aldan.


O Concello e a Asociación convidan a participar nunha das citas máis animadas do verán na Comarca da Ulloa.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page