top of page

O Concello de Monterroso celebra as Letras Galegas cun completo programa de actos

Levaranse a cabo o propio 17 de maio


Laura Moure/Monterroso

O Concello de Monterroso celebra as Letras Galegas cun completo programa de actos. Levaranse a cabo o sábado 17 coincidindo co propio día das Letras Galegas.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ás 11:00 horas no Centro Sociocultural levarase a cabo a presentación do libro 'As feiras de Monterroso e outras lembranzas' de Pablo Pérez Álvarez. De seguido, terá lugar a I edición do Letras Galegas Miúdas, un recital de poemas a cargo dos nenos e nenas do Colexio de Monterroso.

Ás 12:30 horas no Espazo Cultural Lorenzo Varela farase unha ofrenda floral e haberá unha actuación do grupo de cantareiras da Asociación Sociocultural Falcatrueiros.


A clausura dos actos correrá a cargo do alcalde, Eloy Pérez. Os actos están abertos a quen queira participar.




Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page