Laura Moure/Monterroso
O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, achegouse ata a escola infantil municipal para revisar os traballos que se están a levar a cabo nas instalacións antes do inicio do curso escolar. As actuacións, que financia o Goberno local, consisten no repintado das instalacións, así
como en traballos de reparación do mobiliario e mantemento para que todo estea a punto para a reapertura.
Publicidade
O centro, que prevé abrir as súas portas na vindeira semana, atende a nenos e nenas de 0 a 3 anos. Aínda hai prazas libres para aquelas familias que desexen cursar a matrícula.
Os horarios serán consensuados coas familias en función das súas necesidades. Os interesados poden obter máis información achegándose á propia escola infantil.
Publicidade
Comments