top of page

O Concello de Monterroso abrirá todos os días de feira o Museo e Centro de Interpretación

Así xa estará aberto mañá, día 1 de setembro, en horario de 11:00 a 13:00 horas para quen queira visitalo


Laura Moure/Monterroso

O Museo e Centro de Interpretación 'Monterroso, a vila das feiras' estará aberto o día 1 de setembro en horario de 11:00 a 13:00 horas para quen queira visitalo. O Concello de Monterroso decidiu abrilo ao público todos os días 1, coincidindo coa feira mensual, ata que se determine o novo horario de apertura continuado.

O museo alberga restos históricos de diferentes épocas, algúns prehistóricos e outros atribuíbles a diferentes etapas e movementos artísticos, e de moi diferentes temáticas, como culinaria, espiritual, festiva, artística ou documental, entre outras. Este proxecto expositivo está pensado para todos os públicos.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Situado no antigo centro de saúde, o centro dispón de tres andares que permiten unha exposición permanente, exposicións temáticas, almacén, obradoiro de restauración e intervención das pezas que o necesiten ou un arquivo documental.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Aqueles grupos que desexen facer visitas guiadas deben poñerse en contacto co Concello de Monterroso para concertar data e hora.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page