Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

O Concello de Melide moderniza a xestión deportiva

Ponse en marcha unha aplicación móbil para o uso das instalacións e para mellorar a xestión dos eventos e automatízanse as pistas de pádel cubertas do Pazo de Congresos


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide, a través da súa Concellaría de Deportes, está levando a cabo un proceso de modernización da xestión deportiva que afectará tanto ao uso das instalacións deportivas como a xestión dos eventos que se organicen no pobo, tal e como informa o Concello.


O primeiro paso é habilitar unha aplicación móbil, APP Sporttia, dispoñible tanto en Android como en IOS, que facilitará os tramites que en materia de deportes se realicen por parte dos usuarios, xa que simplemente empregando un dispositivo móvil terán acceso a todas as posibilidades. Consultar a dispoñibilidade das instalacións e efectuar as reservas poderanse facer de forma sinxela a través dun teléfono móbil, ao igual que a inscrición en eventos e a consulta de actividades deportivas.


O Concello poñerá á disposición das asociacións deportivas do concello as ferramentas que ofrece a xestión telemática, ao consideralas útiles para todos. “Pretendemos facilitar e promover a práctica deportiva en todas as idades como unha activade esencial e a modernización era un paso pendiente e obrigatorio que debíamos acometer”, sinala o concelleiro Jose Prado.


Automatización pista de pádel.

A automatización das pistas de pádel cubertas permitirá facilitar a reserva, incrementar o horario de uso, a apertura e peche co móbil e o encendido e apagado das luces de xeito autónomo.

Pista de pádel de Melide.

27 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE