O Concello de Melide instala un conxunto de cámaras de seguridade no polígono da Madanela
- Laura Moure
- 28 dic 2022
- 1 Min. de lectura
Esta actuación supón un investimento duns 18.000 euros
Laura Moure/Melide
O Concello de Melide vén de pór en marcha un sistema de videovixilancia no polígono da Madanela. O dispositivo xa se atopa operativo e permitirá garantir a seguridade nun punto sensible polo seu valor económico. A instalación deste sistema de dez cámaras supuxo un investimento próximo aos 18.000 euros

O concelleiro de Seguridade Cidadá, Xosé Igrexas, considera que “con este investimento, trasladamos unha mensaxe de confianza aos axentes económicos do noso concello, porque dende a administración pública velamos pola integridade dos produtos, mercadorías, instalacións e infraestruturas das empresas situadas no noso polígono
industrial”.
Do mesmo modo, o edil salienta as características técnicas do dispositivo, con
tecnoloxía de última xeración orientadas a garantir tanto a fiabilidade do servizo como a
durabilidade do mesmo.
Comments