O Concello de Melide implanta o quinto contedor para a recollida selectiva da materia orgánica
- Laura Moure
- 5 nov 2022
- 1 Min. de lectura
Colocaranse 25 deste tipo no municipio e o vindeiro domingo haberá un stand informativo no Cantón de San Roque
Laura Moure/Melide
O Concello de Melide implantará proximamente o quinto contedor, de cor marrón, que permitirá recoller de forma selectiva os residuos orgánicos de carácter doméstico xerados pola veciñanza. A tal fin, colocaranse 25 recipientes de estas características en lugares estratéxicos do termo municipal.

A pretensión do ente local coa implantación destes novos recipientes, que se suman aos
catro máis habituais situados nas rúas municipais: -contedor amarelo (envases, latas e
briks), azul (papel e cartón), iglú verde (vidro) e verde escuro (residuos xenéricos)- é dar
cumprimento aos obxectivos europeos en materia de reciclaxe, incluíndo a posta en valor
da fracción orgánica dos residuos. Con este obxectivo, levarase a cabo unha campaña de
información, difusión e sensibilización á poboación a fin de que a cidadanía se familiarice
con este novo contedor.
O vindeiro domingo 4 de novembro, de 10:30 a 13:30 horas, habilitarase no Cantón de San
Roque un stand informativo, atendido por monitores ambientais especialistas en xestión
sostible dos residuos, para que os veciños e veciñas do termo municipal interesados se
poidan informar sobre esta iniciativa. Xunto coas explicacións pertinentes, entregarase
aos domicilios interesados cubos de 10 litros para a recollida de orgánicos, un lote de bolsas compostables e material didáctico.
Esta iniciativa desenvólvense en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia -no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
Comments