top of page
Foto del escritorLaura Moure

O Concello de Melide comeza esta semana a promoción da Festa do Melindre cun obradoiro e cata na provincia de Pontevedra

Laura Moure/Melide

O Concello de Melide comeza esta semana a promoción da Festa do Melindre cun obradoiro e cata na provincia de Pontevedra. O evento inicia mañá, martes, na escola EFA A Cancela de As Neves a súa campaña de actividades de promoción nos centros educativos da 32.ª Festa do Melindre, que se celebrará en Melide o 11 e 12 de maio.


Publicidade

Este martes 23 de xaneiro a partires das 11:00 horas iníciase a promoción da Festa do melindre e da repostaría tradicional de Melide, con obradoiros e catas. A primeira das actividades da programación previa consta dun obradoiro cata na EFA A Cancela, situado na provincia de Pontevedra, impartido por Alberto Rodríguez, presidente de Asociación Melide Terra Doce.


Publicidade

A cata está dirixida ao alumnado do ciclo medio de panadería, repostería e confeitaría, que logo de aprender as técnicas tradicionais da elaboración dos doces de Melide, melindres, ricos e amendoados, elaborarán sobremesas incorporando estas receitas a pratos máis sofisticados.

Publicidade

A actividade forma parte da promoción nos centros educativos con ciclos de cociña, panadería, repostería e confeitaría, que continuará de xaneiro a maio nas catro provincias galegas. 

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page