O Concello de Lalín asegura que o cemiterio da Romea estará accesible para o Día de Defuntos
- Laura Moure
- 25 oct 2022
- 1 Min. de lectura
Neste momento estase executando no lugar os traballos de ampliación e conversión na Fraga do Alén
Laura Moure/Lalín
A concelleira de Cemiterios de Lalín, Carmen Canda, garantiu este luns durante unha visita ao Cemiterio Municipal da Romea que o recinto estará “perfectamente accesible” para que as persoas que desexen visitar os panteóns e sepulturas na semana de celebración do Día de Defuntos poidan facelo “con total seguridade”, a pesar de executarse simultaneamente os traballos de ampliación e conversión na “Fraga do Alén”.

Carmen Canda, que visitou o cemiterio acompañado polo responsable do Grupo Vilariño, Diego Vilariño, indicou que a empresa adoptará “as medidas preventivas necesarias” para facilitar a circulación, tales como a sinalización dos itinerarios peonís, a desocupación dos camiños e incluso a habilitación dun punto con grifos de auga para poder empregala nas tarefas de limpeza ou preparación das flores.
Pola súa parte, tras destacar que “as obras avanzan a moi bo ritmo”, Diego Vilariño avanzou que nos vindeiros días retirarase a ramaxe das tullas que se foi acumulando na zona e dotarase ao recinto de varios puntos de luz, “dado que os días xa son moito máis curtos”, para que as visitas poidan facerse nun horario máis amp
Comments