top of page

O Concello de Arzúa comprométese a mellorar o proxecto da rúa Calexa tras escoitar á veciñanza

Laura Moure/Arzúa

O Concello de Arzúa anunciou o seu compromiso de mellorar o proxecto presentado para a rúa Calexa, completando a actuación cunha maior inversión tras unha reunión participativa coa veciñanza, celebrada o pasado martes 8 de abril no Multiusos Terra do Queixo. O encontro contou coa presenza do alcalde, Xoán Xesús Carril, da concelleira de Acción Urbana, Begoña Balado, e do técnico municipal de urbanismo, Luis Fole, que explicaron o proxecto e recolleron as achegas das persoas asistentes.

Durante a xuntanza, que contou cunha ampla participación veciñal, abordáronse detalles técnicos da actuación prevista. Como resultado do diálogo, valorouse positivamente a incorporación de melloras como a implantación dunha circulación en sentido único desde a Fraga do Rei ata a zona da Feira do Gando (Basilio Carril), a creación dun paseo peonil na marxe esquerda da vía e a habilitación dunha zona de aparcamento na marxe dereita.

O equipo técnico e político comprométese agora a completar a actuación prevista cunha maior inversión que permita mellorar a accesibilidade e a seguridade da zona, atendendo ás propostas recollidas no encontro coa veciñanza.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O alcalde, Xoán Xesús Carril, destaca “a importancia de incorporar a participación veciñal nos procesos de transformación urbana, para garantir que as obras públicas respondan ás necesidades reais dos lugares ou barrios e da súa xente”.


Pola súa banda, a concelleira Begoña Balado puxo en valor “o papel dos técnicos municipais á hora de canalizar as demandas veciñais e facer realidade proxectos útiles, ben pensados e centrados nas necesidades das persoas”. Desde o Concello informarán puntualmente nas redes sociais sobre os avances e prazos desta actuación, agradecendo a implicación activa da veciñanza neste proceso de mellora colectiva.



Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page