top of page

O Concello de Antas promove unha programación para conmemorar o 8 de marzo, Día da Muller

É necesario inscribirse previamente en todas as actividades


Laura Moure/Antas de Ulla

O Concello de Antas de Ulla promove unha programación para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. As actividades desevolveranse entre o 2 e o 8 de marzo. "Trátase dunha programación pensada para reflexionar, compartir e celebrar xuntas e xuntos", sinala o Concello.


  •  Luns 2 de marzo | 18:00 horas. Casa da Cultura

Charla: “Reapropiándonos do noso corpo e os nosos praceres” con Martina González, sexóloga.

  •  Xoves 5 de marzo | 18:00 horas. Casa da Cultura

Charla técnica sobre solo pélvico, a cargo de Almudena F. Larrañaga, fisioterapeuta.

  Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.
  • Domingo 8 de marzo | 16:00 horas.

 Roteiro violeta (4 km) polos arredores da vila, cunha guía sobre “Mulleres relevantes de onte e de hoxe”.  Saída dende o Concello. "Lembrade traer algunha prenda ou accesorio violeta visible. Ao remate do roteiro, as persoas participantes estarán convidadas a unha chocolatada na Praza Nova para compartir un momento de convivencia. Ademais, poderase visitar a exposición realizada polas nenas e nenos do Programa Municipal de Conciliación", sinala o Concello.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

Para participar en calquera das actividades (incluído o roteiro) é necesario inscribirse previamente, chamando ao Concello  982 37 92 51 ou pasando por Servizos Sociais. "Animámosvos a formar parte deste 8M en Antas de Ulla, sumando voces pola igualdade e a visibilización das mulleres", salienta o ente local.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page