top of page

O Concello de Antas de Ulla informa do comezo das obras de reforma integran da Casa da Cultura

A empresa encargada empezouna a semana pasada, “tras varios meses de intensas xestións para arranxar a neglixencia do anterior goberno local”, lembra a alcaldesa


Laura Moure/Antas de Ulla

O Concello de Antas de Ulla informa aos seus veciños e veciñas do comezo das obras de reforma da Casa da Cultura. A actuación estará rematada nun prazo de seis meses, ao final do verán. Este proxecto de renovación integral do edificio inclúe a reforma da envolvente enerxética da Casa da Cultura, mellorando o seu illamento e gañando en confortabilidade.

Manterase a Biblioteca Municipal nas instalacións e reordenarase o resto do espazo dispoñible, para posibilitar que sexa polivalente e accesible a todas as asociacións culturais do concello. Hai que lembrar que o Concello de Antas de Ulla ingresou en decembro de 2022 a subvención de 816.000 euros que lle foi concedida polo Goberno de España con fondos europeos para esta reforma, “pero o anterior alcalde destinou todos eses cartos ó pago de facturas que tiña pendentes”, lembra Pilar García Porto, alcaldesa de Antas de Ulla.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

“É dicir, desviou os fondos públicos con carácter finalista que recibiu o concello para as obras da Casa da Cultura para pagar facturas e débedas. E fíxoo en época preelectoral, durante os seis meses anteriores ás eleccións municipais, polo que a neglixencia foi absoluta”, engade a rexedora.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

“Puxémonos a traballar coa maior celeridade, xa que nin sequera había proxecto de execución, e xestionamos un crédito a longo prazo que nos permite afrontar a obra sen lastrar a economía do concello”, explica a García Porto. “Conseguimos o crédito grazas a ter uns orzamentos aprobados e en vigor desde o pasado 1 de xaneiro”, remata.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page