top of page

O Club Escola Atletismo Deza organiza o seu Campus de Verán do 27 de xuño ao 29 de xullo

O prezo será de 35 euros por semana para socios e de 40, para non socios


Laura Moure/Deza

O Club Escola Atletismo Deza organiza o seu Campus de Verán no que se levarán a cabo actividades vinculadas ao atletismo e tamén haberá xogos tradicionais, de equipo, acuáticos, rutas, visita de atletas, atletismo en inglés, etc. O campus, dirixido a cativos/as nados/as entre o 2016 e o 2010, será do 27 de xuño ao 29 de xullo e as prazas están limitadas a 55 por semana, divididas en tres grupos de idade que terán un adestrador responsable. O prezo será de 35 euros por semana para atletas do club e de 40 euros por semana para non atletas. No caso de reservarse unha única semana, o prezo incrementarase cinco euros.

O presidente, Iago Pazo, e o adestrador e organizador do Campus, Nacho Castro, co cartel.

A forma de inscribirse será a través dun formulario, que se facilitará en canto soliciten a información, e a praza quedará confirmada unha vez estea o pago realizado (antes do 17 de xuño). No momento en que se cubran as prazas, abrirase unha lista de reserva que, no caso de cancelacións, iranse chamando por estrito orde de inscrición. As familias poderán facer o pago a través da conta do club ou en man, a tesoureira. Os que escollan facer o pago en man, terán a praza reservada ata o venres 17 de xuño. Se nese momento o pago non está feito e hai xente en lista de espera, correrase lista.


Para o adecuado desenrolo do campus, o material necesario por cada menor será roupa e calzado de deporte e os días de piscina serán indicados para traer a roupa axeitada. Con respecto á merenda, esta será proposta polo propio campus a través dunha nutricionista

profesional. Todas as semanas, as familias serán informadas das actividades que se levarán a cabo, ademais dos lugares para deixar e recoller aos pequenos, xa que contamos con varios espazos habilitados para o desenvolvemento da actividade (Lalín Arena, Manuel Anxo Cortizo, Piscinas Municipais, entorno do Pontiñas...).

Para ter máis información os interesados poden poñerse en contacto co adestrador do club e organizador do Campus, Nacho Castro (623 189 677) ou a través do correo electrónico do club: atletismo.deza@gmail.com

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page