O CIM de Palas convoca un certame de tarxetas do 8M dirixido a alumnado de Palas, Antas, Monterroso, Guntín, Portomarín e Friol
- Laura Moure

- 1 mar 2024
- 2 Min. de lectura
O prazo para a admisión dos traballos é ata as 13 horas do día 7 de marzo
Laura Moure/A Ulloa O Centro de Información á Muller (CIM) de Palas de Rei convoca un certame de tarxetas do 8 de marzo, “Día Internacional da Muller 2024” dirixido ao alumnado dos C.E.I.P de Palas de Rei, Antas de Ulla, Guntín, Portomarín, Monterroso e Friol.

Con catro categorías: educación Infantil de 3, 4 e 5 anos; primeiro e segundo de primaria de 6 a 7 anos; terceiro e cuarto de primaria de 7 a 8 anos; e quinto e sexto de primaria de 9 a 10 anos e un premio por cada categoría consistente en material escolar, por valor de 30 euros. A temática da tarxeta será “a muller e o seu traballo hoxe”. Poden
conter citas ou frases que fagan alusión ao tema escollido. Valorándose a orixinalidade e a creatividade, tanto na técnica utilizada como na elección do motivo.
Publicidade
O tamaño e o formato dos traballos presentados axustaránse a metade dun folio (podese usar o tamaño dunha folla, pero dobrada polo medio). Nos traballos deberán constar o nome, curso e grupo do autor na parte de atrás do soporte que foi utilizado na tarxeta.
Publicidade
O prazo para a admisión dos traballos é ata as 13 horas do día 7 de marzo de 2024 entregandoos a calquera dos tutores ou profesores dos cursos de primaria indicados.
Publicidade
O xurado poderá declarar deserto o premio, si na súa opinión, ningún dos traballos presentados tiña a calidade esixida. Os premios serán publicados no Facebook e na web do Concello de Palas de Rei. O traballo gañador pasará a ser propiedade do Centro de
Información á Muller de Palas de Rei, que pode imprimi- lo ou reproduci-lo en cantas ocasións considere axeitado, e os traballos non premiados serán recollidos polos seus autores o mes seguinte.









Comentarios