top of page

O Centro Social de Maiores de Silleda acollerá o día 7 unha sesión formativa sobre o Alzheimer

Ecos da Comarca/Silleda

O Centro Social dos Maiores de Silleda, sito na rúa Chousa Nova, acollerá o vindeiro luns día 7 unha sesión formativa e de sensibilización sobre o Alzheimer e outras demencias.

Esta sesión, de catro horas de duración, está dirixida á poboación en xeral, e especialmente a familiares coidadores/as de persoas con demencia. A cita terá lugar de 16:00 a 20:00 horas, enmarcada no proxecto de “Formación no ámbito rural CINFA – CEAFA”, proxecto impulsado pola Confederación Española de Alzheimer (CEAFA).

Dende a Concellería de Benestar, Ángela Troitiño, anima a asistir a esta sesión na que se abordarán cuestións interesantes sobre a enfermidade e os coidados que se precisan.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page