top of page
Foto del escritorLaura Moure

O CEIP Plurilingüe de Monterroso conmemora, coa colaboración do Concello e das familias, o Día da Paz e da Non Violencia

Laura Moure/Monterroso

O CEIP Plurilingüe de Monterroso conmemorou, coa colaboración do Concello de Monterroso e das familias, o Día da Paz e da Non Violencia con diferentes actividades.


Publicidade

Unha delas foi a elaboración dun mural da Paz realizado con pelotas de tenis. Outra das actividades foi a confección dun mural de países en conflito, onde cada clase traballou un país e o conflito que vive.


Publicidade

A maiores, aproveitando as distintas realidades multiculturais que ten o centro, pedíuselles ás familias que trouxeran unha sobremesa típica dos seus lugares de orixe, que os nenos e nenas se encargaron de explicar aos seus compañeiros. Pedíuselles ademais ás familias de Infantil e de primeiro e segundo de Primaria que colaboraran traendo tamén sobremesas típicas da nosa terra.

Tamén se fixo un libriño por clase sobre 'A qué sabe a Paz' e unha cadea de boas accións. A celebración rematou cantando e bailando a canción 'Mensajes del agua' de Macaco.


Publicidade

O Colexio e o Concello dánlles as grazas a todos e todas por colaborar.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page