Laura Moure/Silleda
David Arcay, campión mundial de pesca deportiva, participou este venres no CEIP Ramón de Valenzuela e o CEIP Plurilíngüe de Silleda en senllas sesións sobre pesca sostible para o alumnado de 5º e 6º Curso.

Nas sesións, con gran participación do alumnado, Arcay, que é tamén membro do club de pesca silledense Río Deza, explicou á rapazada como disfrutar dos ríos, facendo o menor daño posible aos cauces e aos peixes, sempre desde a pesca sostible e a captura e solta.
Despois dunha primeira charla na que tamén se falou de problemáticas ambientais, como a contaminación dos ríos, houbo exhibicións de lances con cana de mosca e cucharilla nos dous patios. A sesión, en colaboración co Concello de Silleda, forma parte do programa da Consellería do Medio Ambiente para concienciar á poboación máis nova para fomentar o coidado do medio e promover o deporte da pesca.
Por outra banda, operarios de Silleda Sostible, adxudicataria do servizo de recollida de lixo en Silleda, comezaron esta semana o lavado dos colectores de carga lateral instalados nas rúas das vilas de Silleda e da Bandeira. Estas tarefas, incluídas no contrato coa empresa, continuarán nos vindeiros dias, complementando a renovación doutras unidades realizadas nas últimas semanas.
Comments