top of page

O campamento xuvenil de multiaventura Os Chacotes estase levando a cabo este verán en Pala de Rei

 Acollerá entre xullo e agosto catro quendas para rapaces e rapazas nacidos entre os anos 2007 e 2012


Laura Moure/Palas de Rei

A Xunta ofrece este ano en Lugo case 2.500 prazas dentro da campaña Modo Verán Activo, que inclúe campamentos,minicampamentos, campos de voluntariado e outras actividades de carácter lúdico, cultural e deportivo dirixidas á mocidade. O delegado territorial, Javier Arias, visitou onte unha destas propostas en Palas de Rei,onde se está a desenvolver o campamento xuvenil de multiaventura Os Chacotes, que acollerá entre xullo e agosto catro quendas para rapaces e rapazas nacidos entre os anos 2007 e 2012.

A programación inclúe actividades como caiac, btt, escalada en rocódromo, tiro con arco,

láser tag, tríatlon, técnica de vivac ou piscina, ademais de rutas e visitas culturais pola zona.


Arias destacou que a modalidade de campamentos é a máis demandada polas familias e aque oferta un maior número de prazas. A provincia de Lugo acolle 31 quendas en sete

instalacións. Ademais dos Chacotes, están en marcha outras experiencias nos albergues

xuvenís de Area (Viveiro), Benigno Quiroga (Portomarín), A Devesa (Ribadeo), Lug II

(Lugo), o Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Becerreá e o municipio

de Carballedo.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

As temáticas son variadas e abranguen actividades mariñas e náuticas, multiaventura,

deporte, música, novas tecnoloxías e actividades ligadas ao territorio e o medio ambiente –

como horta e recolección ou observación de animais de alta montaña nos Ancares -, entre

outras.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais de facilitar a conciliación familiar durante o verán, Arias salientou que todas estas

experiencias “serven para que os rapaces e rapazas desfruten dun lecer saudable,

aprendan a convivir e adquiran novos coñecementos nun ambiente de ocio”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page