top of page

O Círculo de Recreo Casino de Lalín acolle mañá o concerto de Nadal cos coros Luis Areán e Xoven Voz

Ecos da Comarca/Lalín

O Círculo de Recreo Casino de Lalín celebrará mañá, xoves, o seu concerto de Nadal. A cita, ás 20:00 horas, estará amenizada polo Coro Luis Areán e o Coro Xoven Voz.


O Coro Luis Areán fundado no ano 2013 gracias á iniciativa da Coral Polifónica de Lalín. Foi dirixido por Alejandro Piñeiro e Isabel Rubio. Desde o 2018 a súa directora é Arlette Martín Velázquez. É un coro que se caracteriza pola alegría, enerxía e unidade dos seus integrantes que teñen entre 6 e 11 anos. Participou en varios concertos e festivais na zona e estrenou dous musicais: El pequeño Elefante e O Viaxe de Coral.

O seu obxectivo principal é crear e desenvolver unha sensibilidade artística aos nenos e a de traballar as súas capacidades musicais mediante o canto grupal, o baile e xogos musicales.


O seu repertorio será:

  • CUBANITA. Eva Ugalde.

  • SIYAHAMBA. Canción popular sudafricana .

  • VÉN A CANTAR. José Ramón García Flórez.

  • OBLADI OBLADA. Panxolina adaptada ao galego dun coñecido tema da banda británica The Beatles.

Contarán como acompañente musical con Aismel Veiga Moreno (guitarra).


Mentres o Coro Xoven Voz foi fundado a finais do ano 2018 para dar continuidade ao traballo realizado polo Luis Areán. Nos seus inicios dirixido por Isabel Rubio e nese mesmo ano toma a dirección Arlette Martín Velázquez.

Conta cun repertorio en varios idiomas cantado a dúas e tres voces, incluíndo cancións da actualidade para manter un carácter fresco e alegre nas súas presentacións. É unha formación xuvenil para mozos de entre 12 e18 anos cunha vocación pola música coral.


O repertorio seu será:

  • NOITE DE PAZ. Versión en gallego del villancico Noche de Paz.

  • SANTA CLAUS LLEGÓ A LA CIUDAD. Luis Miguel.

  • YA ES NAVIDAD. Grupo Verino.

  • ALL I WANT FOR CHRISTMAS IS YOU. Mariah Carey

E contará coa acompañamento musical de Aismel Veiga Moreno (guitarra) e Arlette Martín Velázquez (piano).




0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page