top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O BNG pide que de facerse novas plantacións de viñedos estas se fagan de maneira ordenada

Actualizado: 28 nov 2023

E demanda que respecten os seus medios e modo de vida dos veciños e veciñas do val do Ulla


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O grupo municipal do BNG, a través dos seus representantes no Concellos de Vila de Cruces, Álex Fiuza, de Silleda, Erea Rey, e da Estrada, Xoán Reices , e de acordo coa lexislación vixente presenta ao pleno da corporación municipal a seguinte moción referente ás plantacións intensivas na D.O. Rías Baixas, subzona do val do Ulla.

"Unha recén creada plataforma en defensa do val do Ulla ven alertando do problema que se vai derivar da conversión de grandes extensións de terreos deste val en cultivos de viñedos de forma intensiva. Esta conversión supón a tala de grandes masas de bosque autóctono, incluso bosque de ribeira, eliminando así o papel ecolóxico que cumplen estes bosques, a eliminación de terras agro-forestais, reducindo a súa dispoñibilidade para as explotación agrogandeiras, provocando incluso aumento do seu prezo e distorsión no mercado de xeito que resulte inalcanzable para a posibilidade de incremento da base territorial da maior parte das explotacións da zona".


A pesares da prohibición, sinala, "de rega do viñedo, agás as circustancias extraordinarias previstas na regulamentación europea, é ben sabido que a práctica totalidade das novas plantación, especialmente en grandes superficies, van dotadas de elementos de fertirrigación, o que supon un significativo incremento no consumo de auga destinado a estes cultivos. Estes propios procesos de cultivo intensivo supoñen unha importante aportación de fertilizantes que acaban afectando aos acuíferos e a propia salinización do sustrato, rompendo cos modelos clasicos de explotación máis sostibles de menos carga e espazos máis limitados".


Publicidade


Así mesmo, indica que este cultivo intensivo en grandes extensións "tamén vai supor o uso

de enormes cantidades de fitosanitarios para o control de pragas e enfermidades, co efecto acumulativo que acaba trasladandose ao medio ambiente, coas conseguinte afección á fauna e microfauna do hábitat característico da zona e, como non, repercutindo incluso nas propias persoas e animais da contorna. Tamén, a utilización de herbicidas e o control da flora adventicia deste tipo de explotacións intensivas acaba por ocasionar danos irreparables nos acuíferos por percolación de elementos altamente agresivos en grandes extensións".


En definitiva, considera que "estamos ante un modelo produtivista que parece deseñado para beneficio exclusivamente de grandes adegas ou grupos empresariais que tratan de establecer un sistema de monocultivo intensivo en grandes espazos, atreveríamonos a dicir incluso latifundios, que nada ten que ver co modelo agrario presente na zona que combina viñedos con bosque, pastos, terreos para forraxe e horta nun mosaico de explotación territorial moito máis sostible, menos contaminante, xerador de riqueza na zona e fixador de poboación".


Aínda que de momento, indican que "o maior problema e preocupación concentrase nos veciños concellos de Vedra e Boqueixón, non é menos certo que é un proceso que vai seguir e afectará moi probablemente da mesma maneira á parroquia silledense de Cira, ás cruceñas de Gres, Camanzo e Añobre e as estradenses de Baloira, Santa Cristina, San Miguel de Castro e Arnois incluídas na D.O. Ría Baixas".


Por todo o exposto é polo que presentamos ao pleno a adopción dos seguintes acordos:

1. O pleno do concello de Vila de Cruces traslada o seu apoio aos veciños e veciñas do val do Ulla nas súas demandas para que de facerse novas plantacións de viñedos estas se fagan de maneira ordenada e respectando os seus medios e modo de vida.


Publicidade

2. Solicitar a Xunta de Galiza desenvolva, a maior brevidade, o catálogo de usos e orientacións produtivas que contempla a Lei 11/2021 de recuperación da terra agraria de Galiza, e que para o mesmo sexa preceptivo informe municipal para calquera cambio de uso de solo forestal a agrario para plantación de viñedos de forma intensiva no concello e que deberá ser obxecto dun estudo rigoroso supervisado polo goberno municipal.


3. Este estudo incluirá os efectos que se poidan derivar de dito cambio (ambiental, económico, sinérxico...), e garantirá que se respecten as masas de bosques autóctonos, a protección das contornas dos núcleos rurais e vivendas e das explotacións agrarias ecolóxicas ou sostibles, as brañas, humedais e zonas de ribeira dos cursos fluviais, así como a aceptación social de dito proxecto.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page