top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O BNG de Lalín presenta emendas aos orzamentos da Xunta para atender necesidades prioritarias

Tacha a a actual proposta de orzamentos para o 2024 "de escasos e pouco ambiciosos ao baixar un 35% a cuantía asignada a Lalín"


Ecos da Comarca/Lalín

O BNG de Lalín vén de presentar emendas ao Orzamento da Xunta de Galiza para o ano 2024. Os nacionalistas de Lalín lamentan que o orzamento da Xunta para o 2024 non contemple cuestións moi importantes en materia sanitaria, emprego, rural servizos públicos, etc. Para o seu voceiro municipal, Paco Vilariño, “a dura realidade é que son unha repetición de partidas que non se executan como fixeron no último orzamento, e sobre todo, reflicten unha baixada importantísima do 35% respecto aos do 2023”.

O nacionalista relata unha serie de emedas destacadas, nas que pon o acento que non se consigna nin un só euro a remediar a problemática derivada da ausencia dun servizo de ambulancia medicalizada con base en Lalín.


Ambulancia medicalizada de SVA, dotada con 1 millón de euros, que conte con persoal sanitario e medios técnicos,  que permita monitorizar aos pacientes críticos e mantelos con vida ata o seu ingreso no hospital un servizo esencial para casos nos que unha rápida resposta pode significar a diferenza entre a vida e a morte ou unha existencia lastrada por graves secuelas.


Publicidade


Servizo de pediatría polas tardes, dotado con 80.000 euros. "A ausencia deste servizo básico polas tardes supón un problema serio para aquelas familias ás que lles resulta imposible conciliar a vida laboral e familiar dado que non teñen opción a levar aos seus fillos e fillas a pediatría en horario vespertino. Non só afecta a familias do concello de Lalín, senón tamén a familias dos concellos da Agolada, Rodeiro e Dozón que ven como paulatinamente se vai suprimindo este servizo nos seus concellos polo que se fai imprescindible a ampliación de horarios ás tardes para favorecer a asistencia pediátrica".


Publicidade

Emendas para atender o rural lalinense. "Os investimentos da Xunta no rural non concordan co anuncio por parte da mesma de que sería o mandato do rural. Así, para os nacionalistas, existe un forte contraste entre a puxanza do sector primario, en especial do vacún, co escaso investimento nas numerosas e interminables concentracións parcelarias que ten abertas Lalín, que lastra a viabilidade das nosas explotacións e aumenta os gastos de produción. Neste sentido fan unha emenda reclamando o investimento de 1,5 millóns de euros".


En abastacemento e saneamento no rural demandan un investimento de 1,7 millóns de euros. "Para que o rural teña futuro é imprescindible dotalo dos servizos básicos entre os que se atopan tanto o abastecemento como o saneamento".


Axudas ao conservatorio municipal dotado con 300.000 euros. "Un servizo que é competencia da Xunta, pero que asume o concello de Lalín en detrimento doutros propios.


Publicidade

"Demandamos unha partida para o inicio dun Centro de Día público (1º Fase) dotado de 325.000 de euros, para favorecer a conciliación das familias traballadoras mediante un servizo público e de calidade de atención aos nosos e dependentes".


"Posta en marcha dun plan de dinamización do noso comercio dotado de 600.000 euros, que promova accións para mellorar o atractivo das zonas comerciais e que leva a cabo actuacións transformadoras e dinamizadoras do comercio para reforzar a imaxe da marca comercial e a incentivación na atracción de novos consumidores e usuarios".



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page