top of page

O BNG cruceño fíxase como obxectivo real a posta en marcha dos polígonos do concello

"De nada vale lamentar as cousas mal feitas, o mellor é buscar solucións como as que temos en mente para o polígono de Aguillóns e do Camballón facendo unha xestión municipal para dinamizar o chan industrial", subliña Fiuza


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O BNG de Vila de Cruces ten claro que para asentar poboación debe buscarse unha solución viable aos dous polígonos que hai no concello, podendo atraer empresas a ambos lugares e xerando movemento na vila e as parroquias.


"Para conseguir este obxectivo, desbloquearemos a situación do polígono asentado no Camballón. O BNG reunirase cos propietarios para conseguir o mellor acordo co fin de conseguir que esas parcelas se arrenden a empresas que se queiran asentar no noso concello", explica.

En canto ao polígono agroforestal, o edificio do galo de curral, "o BNG destinarémolo a un centro de transformación de producto primario no que aqueles produtores locais teñan un espazo obrador de transformación".


Ademais, sinala que "propoñemos a xestión pública do chan industrial co programa Asenta a túa empresa en AGUILLÓNS. A idea pasa por buscar empresas de sectores punteiros e baixo unha serie de condicións beneficiosas, que se asenten no terreo. Entre estas condicións poñeremos parcelas en aluguer a baixo prezo e coa bonificación máxima dos impostos".

En definitiva, subliña o candidata, Álex Fiuza, "facer dos polígonos espazos rentables para o concello e dar vida a novas empresas e ás xa asentadas asegurando que o tecido industrial se manteña e se potencie. Só con novas oportunidades haberá opción a que a poboación escolla Vila de Cruces para vivir".




0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page