top of page

O BNG cruceño aposta por revitalizar o comercio local e o produto de proximidade

Ana Pontón acompañou ao candidato á Alcaldía, Álex Fiuza, por comercios da vila, para coñecer de primeira man as prioridades e demandas do comercio


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Dinamizar o comercio local e o produto de proximidade é prioridade para o BNG de Vila de Cruces. "A dinamización comeza por dar contido aos distintos espazos e edificios públicos para crear tránsito, dun xeito ordenado e coherente, ofrecendo servizos e promocionando a nosa vila", sinala.

Este venres 12 de maio, Ana Pontón acompañou ao candidato á Alcaldía, Álex Fiuza, por comercios da vila, para coñecer de primeira man as prioridades e demandas do comercio. "No BNG temos un plan claro para revertir esta situación. En primeiro lugar un plan de mobilidade interparroquial, acordando un convenio co sector do taxi, ComparteTaxi, para poñer a disposición das persoas que o precisen, un servizo de acompañamento para realizar compras e xestións en conxunto. Así como poñer a disposición rutas de microbuses semanais e para datas concretas como as feiras e outros eventos co mesmo fin".


Outra das súas propostas é o OULETVILADECRUCES: "un proxecto ambicioso, no que dende o goberno crearemos un convenio con marcas recoñecidas que aposten por persoas emprendedoras a través do asesoramento, conseguindo dinamizar locais de alugueiro, e ampliando a oferta comercial para complementar a xa existente, que fará que a xente veña a Vila de Cruces". Ademais, información, orientación laboral, asistencia e asesoramento empresarial, novas tecnoloxías e venda online, será outro pilar do proxecto OULETVILADECRUCES.

Organización de actividades e eventos económicos (feiras sectoriais/ profesionais)

Outro dos obxectivos do Bloque cruceño son revitalizar as feiras do 4 e 17, complementandoas coa creación de feiras de produto local, (quincenais, sábados da segunda e cuarta semana de cada mes) na praza de abastos, con actuacións, degustacións, feiras temáticas e transporte público, involucrando a todos os sectores económicos, producción e transformación, hostalaría, comercio, transporte e cultura, co fin de favorecer a economía circular.


Así mesmo, pretende aproveitar "a praza de abastos como motor dinamizador do comercio local e o seu potencial para xerar oportunidades de autoemprego e o desenvolvemento de campañas comerciais en colaboración co comercio e dinamización das rúas. Dotar de espazos con aparcadoiros disuasorios, que faciliten á veciñanza das parroquias lugares cómodos para aparcar, xa que o comercio local vive das nosas parroquias".

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page