O alumnado do obradoiro de emprego Terras do Miño-Ulla I visitou o Museo 'Monterroso, a vila das feiras'
- Laura Moure
- 26 feb
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Monterroso
O alumnado do obradoiro dual de emprego Terras do Miño-Ulla I do módulo de turismo visitou o Museo e Centro de Interpretación 'Monterroso, a vila das feiras' onde puideron coñecer o seu contido e recibir explicacións sobre a súa importancia a través da súa responsable, María José Alvite. Tamén estiveron acompañados polo alcalde, Eloy Pérez, que aproveitou para facer o percorrido polo centro e interesarse polo traballo que van desenvolver na vila.

Neste módulo fórmanse dez alumnos dos tres concellos que participan no obradoiro; Portomarín, como protomor, Palas de Rei e Monterroso. En concreto, de Monterroso hai tres alumnos e alumnas do módulo de turismo.
O seu traballo ao longo dos seguintes meses vai consistir na elaboración de material informativo para os visitantes, así como na inspección das rutas turísticas coas que conta o Concello de Monterroso para revisar a sinalización e ver se están accesibles en todos os puntos ou é preciso facer melloras.
Ao remate da súa formación, recibirán o certificado de profesionalidade en promoción turística local e información ao visitante.
Kommentarer