Laura Moure/Monterroso
O alumnado do módulo de turismo do Obradoiro de emprego 'Camiño de Santiago IV' do que forman parte os Concellos de Monterroso, Palas de Rei e Portomarín, como Concello promotor, atende desde este luns aos aos peregrinos e peregrinas na antiga Escola de Ligonde, en Monterroso.
O alumnado ten establecido alí un punto de información no que lles ofrecen indicacións aos camiñantes, resolven as súas dúbidas ao tempo que lles selan as credenciais.
Publicidade
Os traballos están tutorizados pola docente encargada da formación e de estender os certificados de profesionalidade, Patricia Villasante.
Comments