
Luís López, alcalde de Rodeiro.
Laura Moure/Rodeiro
O alcalde popular de Rodeiro, Luís López, perfílase como o novo delegado da Xunta en Pontevedra despois de que Luisa Piñeiro renunciara a este cargo ao ser condenada a dous anos de cárcere e oito de inhabilitación "por prevaricación e fraude". Sen embargo, o rexedor de Camba, que de levarse a cabo tería que deixar a Alcaldía, aínda non confirmou nada.
Luís López, popularmente coñecido como Lugués, naceu na parroquia de San Salvador de Camba (Rodeiro) en 1978. É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e levou a cabo a súa labor profesional no eido privado como técnico de organización.
Despois de ser concelleiro de Educación e Deportes entre 2003 e 2007, en 2010 foi elixido presidente local do PP de Rodeiro e é alcalde deste municipio desde 2011.
Kommentit