top of page

O alcalde de Palas reclama ao goberno central os fondos para reformar o mosteiro de Vilar de Donas

Estes están incluídos no Plan Nacional Turístico Xacobea 21-22


Laura Moure/Palas de Rei

O alcalde de Palas de Rei, interésase ante o goberno central, polo estado dos fondos para reformar e recuperar o Mosteiro de Vilar de Donas incluído no “Plan Nacional Turístico Xacobeo 21-22”. Un proxecto xurdido para impulsar os Camiños de Santiago, como produto cultural e patrimonial no territorio nacional e co que se pretende revitalizar os Camiños de Santiago, dotado dunha partida orzamentaria de 121 millóns de euros, que se desenrola no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do goberno de España, no exercicio de inversión pública e de reformas. Dentro das cales se encontra o Mosteiro de Vilar de Donas, en Palas de Rei, cunha inversión prevista de 1.500.000 euros, según o anuncio feito pola titular do Ministerio  de Industria, Comercio e Turismo, en Oviedo no verán de 2021.


O Concello de Palas asinou, en setembro do pasado ano, un convenio co Obispado de Lugo, en virtude do cal, supoñía a cesión gratuíta do inmoble. Isto é o Mosteiro de Vilar de Donas propiedade da Igrexa, para a súa rehabilitación. Dito convenio de cesión, permite que o Concello de Palas de Rei que poida acometer a rehabilitación integral do mencionado inmoble, situado na parroquia de San Salvador de Vilar de Donas e que se encontra, actualmente, nun mal estado de conservación.

Vilar de Donas. Autor: Ecos da Comarca

O Concello de Palas de Rei, interesase agora, despois de máis de nove meses transcorridos dende a firma do citado convenio co Obispado e sen actuacións por parte do Goberno Central, polo estado deses fondos anunciados dende o Ministerio. 



O alcalde, Pablo Taboada, manifesta que “intensificará as súas demandas para que se dea resposta ao anunciado pola Ministra dentro do “Plan Nacional Turístico Xacobeo 21-22”, así como, afirma que logo da firma co Obispado de Lugo do Convenio de Cesión e a  posta a disposición para uso público deste inmoble deberían chegar agora os, tan demandados, fondos do Plan Nacional para acometer este tipo de actuacións nos vindeiros meses, toda vez, que o Concello de Palas deu cumprida resposta para posibilitar a consecución de ditas actuacións”.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page