O alcalde de Palas anuncia na Festa dos Maiores que o municipio contará cunha segunda residencia
Máis de 500 persoas asistiron a esta cita festiva
Laura Moure/Palas de Rei

Máis de 500 persoas desfrutaron este venres da festa dos maiores en Palas de Rei. A cita festiva contou con misa, comida de confraternidade e unha homenaxe aos asistentes máis maiores. Ademais, o alcalde, Pablo Taboada, aproveitou a ocasión para desvelar que o municipio contará cunha nova residencia.
O actos arrancaron cunha misa solemne no campo de fútbol oficiada polos párrocos de Palas de Rei, para dar paso a un xantar de confraternización no Pavillón dos Chacotes a base de: empanada, polbo, carne ó caldeiro, postre e café. Ademais houbo amenización musical e unha distinción para o home e a muller máis lonxevo/a presente na festa que resultaron ser Carmen Buján Mosquera de 100 anos e Eutiquio Taboada de 94 anos.
PUBLICIDADE
O mandatario aproveitou a celebración Festa da Terceira Idade de Palas para anunciar
a creación dunha segunda residencia en Palas de Rei. Este novo centro residencial complementará a oferta de prazas residenciais para persoas maiores existente no municipio, dado que actualmente Palas de Rei conta cunha residencia de maiores, en pleno funcionamento dende hai cinco anos, cunha capacidade de 46 prazas que están todas completadas e cunha ampla lista de agarda dende os seus comenzos.
A actual residencia de maiores de Palas, ubicada na Avenida de Lugo, foi declarada por parte do Concello “Proxecto de Especial Interese”, e supuxo no seu momento unha inversión de 1.250.000 euros de iniciativa privada local e na actualidade está xerando unha teintena de postos de traballo directos en pleno núcleo urbano palense.
PUBLICIDADE
O rexedor palense agarda que este novo centro residencial para persoas maiores co que contará Palas de Rei estea en funcionamento de cara finais do ano 2027.









Comentarios