top of page

O acondicionamento de camiños rurais será unha prioridade en Arzúa neste 2023

O Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña achegará 726.010 euros a este concello que empregará para este fin


Ecos da Comarca /Arzúa

O goberno municipal de Alternativa por Arzúa e PSdG-PSOE levaron onte a unha sesión

plenaria extraordinaria a aprobación das obras e proxectos que se financiarán grazas ao Plan de Obras e Servizos que financia a Deputación Provincial. A proposta do goberno local contou co respaldo de todos os grupos políticos que manifestaron a súa conformidade co voto a favor da mesma, exceptuando o Partido Popular que se abstivo na votación.


Do total de 726.010 euros dos que o concello disporá, o goberno que preside o alcalde, José Luis García, destinará un total de 358.000 euros para gasto corrente e algo máis de 104.000 euros investiránse en gastos sociais coa finalidade de seguir mellorando a calidade de vida de todos os veciños e veciñas, especialmente das persoas maiores, daquelas que máis o necesitan ou daqueles outros colectivos en maior risco de exclusión

social

O equipo de goberno decidiu que os máis de 260.000 euros restantes sexan destinados á mellora de vías e camiños municipais da zona rural de Arzúa. Acondicionarase o camiño de Pousada, en Pantiñobre; o camiño da Paínza, a pista que dende a estrada AC-905 (Brandeso) conduce ata o lugar da Carballeira en Viñós. Procederase ao aglomerado do camiño de Lema a Magulán; pavimentaranse Os Corrales (Boente); e melloranse os camiños que dende o lugar de Carballeira, en Viñós, conducen ata o Ventorrilllo e ata A Igrexa.


A sesión plenaria deu luz verde tamén á aprobación das obras incluídas no denominado Plan Complementario que recolle a mellora do viario de Pantiñobre a A Riba; a substitución do sistema de contención sobre o Río Vello e a humanización da Rúa Nova, no casco urbano da vila. A aprobación do Plan de Obras e Servizos 2023 representa, en palabras do

alcalde, José Luis García, “unha aposta polas políticas sociais tan necesarias e un compromiso firme co noso rural”; engadiu ademais que “todos os camiños incluídos no plan necesitan dunha reparación urxente, somos conscientes das necesidades de melloras en moitas outras pistas rurais que procuraremos ir adecentando en canto dispoñamos da partida financieira que así nolo posibilite”.

Nestes días, de feito, estanse executando actuacións de mellora en diversos camiños parroquiais que contaron cun importante investimento, unha delas a de Fontenlas en Burres e nos vindeiros días comezarán as da estrada principal da entrada a Branzá, ademais dos traballos de bacheo que se están acometendo noutras parroquias do municipio ou que se farán en breve.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page