A Plataforma de Afectadxs Eólicos de Vila de Cruces insta a participación nesta protesta comarcal de toda a veciñanza na defensa do noso territorio
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O vindeiro 11 de decembro terá lugar a concentración baixo o lema Eólica Así, NON con motivo do Día Mundial das Montañas. A concentración a nivel comarcal terá lugar na Praza do Concello de Vila de Cruces ás 12:00 horas.
Esta está convocada pola "Coordinadora Eólica Así Non", a cal aglutina 170 colectivos, entre os que se atopan, as plataformas veciñais e organizacións da comarca de Deza. A Plataforma de Afectadxs Eólicos de Vila de Cruces insta a participación de toda a veciñanza na defensa do noso territorio.
A concentración está convocada nesta comarca, ademais de pola plataforma anterior, polo Sindicato Labrego Galego, por Roteiros de Lalín, pola Asociación Cultural Viarum Dezae e pola Plataforma Afectad@s Eólicos Goiás-Lalín.
Comments