Os dezás Ramos-Moure tentarán seguir sumando puntos de cara a lograr o subcampionato da Copa R5-Recalvi
Laura Moure/Deza
Nogueira de Ramuín será o epicentro del 11º Rallye Ribeira Sacra, unha cita que comezará hoxe, venres 15, coa mítica subida a Castro de Beiro, no concello de Ourense. O sábado 16, disputaranse un total de 8 treitos sumando a proba un total de 90 km cronomertrados.
Despois do bo resultado logrado no Rallye Pazo Tizón, onde tanto os dezás Javier Ramos como Álex Moure lograron seu mellor resultado nun rallye, sairán á cita ourensá co firme propósito de seguir sumando importantes puntos de cara a manter a segunda posición do Supercampionato R5, da que xa son matematicamente campións Alberto Meira e Avelino Martínez.
Publicidade
“É un rallye con treitos conocidos de edicións anteriores, incluso partes de especiais do Rallye de Ourense. Será difícil estar en postos de cabeza xa que hai unha lista de inscritos con moito nivel. Sendo constantes podemos lograr un bo resultado de cara a manter posicións no Campionato”.
Publicidade
Para este rallye, Alberto Nimo e Brais Mirón, a bordo dun Skoda Fabia Rally2, formarán parte do equipo JRT Motorsport.
Comments