Ecos da Comarca/Deza
O Galaico Trail Run segue sumando probas e galardóns, nesta ocasión nos Trail da Cidá e de Terras de Burón.
Por unha banda, un bo grupo do GTR asistiu ao Trail da Cidá (Ribeira), que é unha das primeiras probas do circuíto ArousaNeo. Ata alá foron Javier Carballude, Andrea Vázquez, Diego Agra e Tania, para a proba de 13 km con +565; e Fran, Patricia e Fátima Nogueira, para a de 21 km con +890. Os corredores do GTR destacan que foi unha proba fermosa, nunha xornada soleada e fresca. En ambas distancias contaron con percorridos rápidos que provocaron certas perdas por parte dalgún deles.
En canto á clasificación, destacar os podios de Fátima, cun bronce na xeral; o de Patricia, cun ouro na categoría sénior, e un bronce para Andrea tamén na categoría sénior.
Por outra banda tres corredores do Club participaron no Trail Terras de Burón (A Fonsagrada), na que destacan ser a mellor “proba do inverno”. Lucía González, Salvador González e Juan Varela achegáronse a estas terras para correr por esta paisaxe espectacular, con neve e zonas técnicas. Para finalizar a proba con bo sabor, Lucía e Salva proclamáronse campións na categoría de veteranos.
Comments