Noa e Martín son os nomes máis frecuentes das nenas e nenos que nacen en Galicia
- Laura Moure
- 22 sept 2023
- 2 Min. de lectura
O IGE publica hoxe a Estatística de nomes dos neonatos galegos correspondente ao ano 2022
Laura Moure/Xeral
Cales son os vosos nomes masculinos e femeninos favoritos? Queres saber cales son os que máis se poñen en Galicia? O Instituto Galego de Estatística (IGE) publica hoxe a Estatística de nomes dos neonatos galegos correspondente ao ano 2022, que reflicte que Noa e Martín son os nomes máis frecuentes das nenas e nenos nados en Galicia.

Os nomes de mulleres máis comúns son Noa, Sofía, Valeria, Olivia e Martina, que se atopan nas primeiras cinco posicións.
En canto aos nomes masculinos, a estatística mostra que os cinco máis frecuentes son Martín, Mateo, Leo, Lucas e Hugo. A comparativa co ano 2021 reflicte que estes eran tamén os nomes preferentes nese ano, coa diferencia de que Mateo e Martín intercambian posicións e Hugo estaba no terceiro lugar e no 2023 baixa ata o quinto posto, por detrás de Leo e Lucas, que ocupan o terceiro e cuarto posto, respectivamente.
Publicidade
Por outra banda, se se amplía a mostra e se teñen en conta os 20 primeiros nomes, pódese ver como en 2022, no caso dos nenos, todos os nomes se manteñen na lista, agás Izan, Daniel e Alejandro que dan paso no 2022 a Thiago, Liam e Nicolas.
En canto ás nenas, no 2022 incorpóranse Alba, Alma e Antía e desaparecen do listado dos 20 primeiros Sabela, Emma e Carla.
Os interesados poden consultar os 20 nomes máis frecuentes de nenos e nenas deste 2023 e tamén do 2022 no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/83330/noa-martin-son-los-nombres-mas-frecuentes-las-ninas-ninos-que-nacen-galicia?langId=gl_ES
Publicidade
Os nomes máis frecuentes na poboación
O IGE tamén dispón da Estatística sobre os nomes máis frecuentes da poboación a través da cal se pode coñecer a evolución histórica dos nomes en función da comarca, o xénero ou a década (desde antes de 1930 ata a década actual).
Esta estatística ofrece información relativa aos nomes da poboación que ten fixada a súa residencia na Comunidade Autónoma de Galicia, e permite tamén coñecer a distribución comarcal de calquera nome. Pódese consultar neste enlace.
Comments