top of page

"No Crucesarte a acollida do público ambos días foi espectacular", resalta o Concello

Laura Moure/Vila de Cruces

Despois de dez edicións Crucesarte segue impresionando a todos os seus visitantes contando cun elenco de artistas dos máis espectacular e variado, e esta XI edición non ía

ser menos, recalca o Concello. Este evento celebrouse a pasada fin de semana. O pistoletazo de saída tivo lugar o pasado sábado no Consistorio ao ser recibidos polo alcalde, Luís Taboada, e o tenente de alcalde e responsable de Cultura, Julio López, así como representantes da Fundación Neira Vilas. "Foi unha reunión na que se asentaron as bases para seguir fomentando a Cultura e marcar as liñas para continuar nas futuras colaboracións".

Foi o sábado pola tarde cando se inaugurou a exposición de Artes Plásticas coa participación de artistas como Xiana Sánchez Mella, Quico Viz, Santiago Tato, A Solaina, Miguel Ramos, Ronsel Quintás Fernández, Carlos Bisbal, Lucía Dubra, Natalia Santiso, Elena Ferro, Manolo “O Ferreiro”, Mariña Sánchez, Jesús Suarez, Suso de Carbia, Bernardino Mendoza, Óscar Vilar, Catherine Iglesias, Vituco, Sergio Mella, Belén Parcero, Norma Barros e o alumnado do curso de palillos.


"No apartado da A Arte Nas Letras tivo lugar a lectura de varios poemas a cargo do representante da Fundación Xosé Neira Vilas, Fernando; Iria Anido, Ofelia, Manuel Núñez Fiúza, Mª Luz Chorén Belay, Xosé Carlos Carracedo, Consolo Souto Duarte, Nano (O Netiño de Naveiro) e María Xosé Viz Brandaríz", sinala o Concello que engade que como convidadas estiveron "Rosalía Morlán e Charo Golmar, todo isto contando cunha presentadora do evento marabillosa como é Mercedes Seijo, pechando este primeiro día ás dez da noite coas actuacións da Banda Xuvenil da Artística de Merza, a Coral San Salvador de Camanzo, Vainela de Salgueiros, o grupo de Acordeóns de Vila de Cruces, Voces da Terra, A Brincadeira de Carbia e Xuntounos ela".

Así mesmo, recalca que "acollida do público tanto o sábado como o domingo foi espectacular, deixando o listón moi alto para a súa continuidade nas próximas edicións nas que o segundo día se puido desfrutar a partir das seis da tarde". Actuaron neste caso Lialleiai,o grupo de baile Punteirolo, a coral polifónica de Piloño, o grupo de zumba de Cumeiro e Camanzo e O Arco de Merza. "Cerrando esa última xornada cun sketch de humor interpretado polo tenente de alcalde, Julio López, caracterizado de señora maior que acudiu ao médico por un problema que tiña".

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page