top of page

"Nós non queremos axudas. O que queremos é traballar, xa que a hostalaría non é a culpable"

"É inxusto que nos pechen porque sempre pagamos os mesmos cando somos os que mellor cumprimos as normas"

Daniel Limia, no seu negocio.

Entrevista ao silledense Daniel Limia Iglesias, responsable da Parrillada Rabasa


Laura Moure/Silleda

O coronavirus está asfixiando a distintos sectores, xa que en maior ou menor medida, a pandemia toca a todas as portas e está sacundindo con forza as pequenas empresas e autónomos, en especial os do sector da hostalaría. Hoxe conversamos cun deles, Daniel Limia.


1. Como está levando esta situación?

Levámola máis ou menos xa que meses tras meses, dende que empezou isto, ves que sempre pagamos os mesmos, a hostalaría, cando somos os que mellor cumprimos as normas.


2. Considera que é inxusto que esteen continuamente pechando a hostalaría cando toman todas as medidas?

Si que é inxusto xa que na hostalaría facemos todo o que nos mandan: pechar á hora que nos din, aforo que nos mandan, máscara sempre que non esteen comendo ou bebendo...


3. Recibiron algunha axuda?

Nas dúas primeiras veces que nos pecharon si que algo recibimos, pero nós non queremos axudas o que queremos é traballar xa que a hostalaría non é a culpable da pandemia.


4. Seguen co servizo a domicilio?

En novembro cando nos pecharon si que decidimos facer para levar e a verdade é que moi ben. A xente apoiounos non só a nós senón a toda a hostalería en xeral. Nesta vez decidimos pechar completamente porque nos viñemos abaixo ao pecharnos por terceira vez. E pregúntaste continuamente: Outra vez a nós? Por que? Faste moitas preguntas sen respostas e decidimos desta volta non prestar o servizo a domicilio.


5. Cantos empregados traballan no seu negocio e como sofren esta situación?

Na nosa parrillada traballamos tres persoas: meu pai, miña nai e eu. Somos autónomos así que non recibimos nada.


6. Como ve o futuro da hostalaría?

Véxoo negro, moi negro. Está claro que isto non acaba aquí senón que aínda que nos abran agora volveranos a pechar e así o futuro vai ser moi moi duro. Será moi complicado levantar cabeza.


7. Detrás da barra dun bar moitas veces un fai de psicólogo. Como percibe os ánimos da súa clientela?

A xente está desanimada porque non ve un final para isto e cada día que pasa vese máis aburrida de todo e ve mal o futuro, pero nós recibimos moito apoio. Pola nosa parte, gracias aos ánimos dos clientes estamos coa esperanza alta. Xa que cada día tanto eu como meus pais recibimos chamadas, WhatsApp de clientes dándonos ánimos e forzas. Están desexando que abramos e nós estamos desexando abrir.


8. Que pide para poder continuar coa súa actividade?

Pedimos que nos deixen abrir xa! Non queremos estar abrindo en Nadal e pechar dous meses, abrir en Semana Santa e cerrar outros dous. Queremos traballar todo o ano porque se seguimos así o noso sector vai acabar moi mal.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page