top of page

Monterroso traballa para levar a cabo a remodelación da área recreativa da Peneda

1 mar 2022
2 min de lectura

Laura Moure/Monterroso

O equipo de goberno continúa a traballar a reo para materializar a posta en valor da

área recreativa A Peneda. Este luns a alcaldesa, Rocío Seijias, o tenente de alcaldesa, Eloy Pérez, o arquitecto redactor do proxecto e a técnica municipal reuníronse ca directora de Augas de Galicia, Teresa Guitierrez e técnicos da Xunta de Galicia para expoñer as actuacións que se pretenden levar a cabo na Área recreativa A Peneda.


Na xuntanza dende o Concello de Monterroso expúxose o proxecto pormenorizadamente para avanzar de cara a autorizacións sectoriais. Estas autorizacións son necesarias por parte da sección de Augas de Galicia, organismo depende da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, xa que dita área se atopa afectada polo curso do río Ulla.

Trala frutífera reunión, Augas de Galicia mostrou a súa colaboración para axilizar e autorizar este proxecto respectuoso co medio ambiente e converter así a Área Recreativa A Peneda nun referente. Ademais, na reunión tamén foron tratados temas como a contratación do proxecto construtivo de mellora do sistema de entrada á depuradora que definirá a localización e dimensionamento do novo tanque de tormentas e analizarán outras necesidades de ampliación da depuradora. Segundo trasladou a directora de Augas de Galicia, o contrato logo de pasar tódolos trámites administrativos está en fase de adxudicación.

Dende o equipo de goberno mostran o seu compromiso "para executar proxectos ambiciosos, pero viables, totalmente respectuosos coa máxima sempre de protección ao río Ulla, como o proxeto xa executado de bombeo de fandos da ETAP á EDAR". Así mesmo agradecen o compromiso deste organismo para continuar materializando os seus proxectos, neste caso dous tan necesarios e ambiciosos como son a posta en valor da Peneda e a ampliación da EDAR cun valor económico que ascende dous millóns de euros.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page