top of page

Monterroso pechará a piscina municipal da Peneda a partir deste xoves polo aumento de casos de Covid

Ademais o Concello decidiu cancelar o Slalom de Monterroso e as actividades acuáticas que se ían celebrar no río Ulla este sábado


Laura Moure/Monterroso

O Concello de Monterroso informou esta tarde que actualmente hai 50 casos positivos de Covid-19 con tarxeta sanitaria en Monterroso. Ademais, indica que se continúa co cribado dos contactos estreitos e que este martes non se rexistrou ningún positivo, mentres que hoxe se detectaron dous novos contaxios. "Polo tanto, é importante continuar protexéndonos e colaborando co cribado dos contactos estreitos que axiliza o Concello", indica o equipo de goberno local.

O Consistorio de Monterroso.

Autor: Ecos da Comarca.


Así mesmo, nos vindeiros días tamén se levará a cabo un cribado voluntario para o sector da hostelería e o comercio. Cabe recalcar que este sábado, 31 de xullo, Monterroso entrará no nivel máximo de restriccións o que supón unha serie de limitacións especialmente na hostelería:


O aforo será do 30% no interior e fará falta o certificado de vacunación ou proba PCR negativa. No exterior o aforo será ao 50% e non fará falta nin ningún requisito.


De tódolos xeitos, por prevención a pesar de que non é obrigatorio, o Concello adoptou os seguintes acordos que se irán actualizando en función da situación sanitaria:

  • Peche da piscina municipal da Área recreativa A Peneda a partir deste xoves, manténdose única e exclusivamente os cursos de natación.

  • Cancelación do Slalom de Monterroso previsto para o sábado 31.

  • Cancelación das actividades acuáticas que se ían celebrar no río Ulla o sábado 31.

O Concello en función do avance da situación irá adoptando medidas que estime oportunas. "Estamos nun momento de vital importancia para conter o virus por iso sexamos responsables e sigamos a raja tabla todas as indicacións sanitarias e as medidas de prevención. A loita contra a Covid-19 é responsabilidade de todos", recalca o Concello.


Comunicado conxunto do Concello de Monterroso e a Escudería MixRalyeSports

A pesar de estar permitida a proba por Sanidade, pero sendo conscientes da situación sanitaria e especialmente das duras restricións que supoñen para a hostelería, aprazamos o Oitavo Slalom para o 18 de setembro de 2021.


Deste deporte non só desfruta os deportistas e o pobo senón que deixa un gran beneficio económico especialmente na hostelería (tanto bares, restaurantes como hostales e casas de turismo rural) polo que se apraza co fin de que na nova data a súa situación sea mellor.


Dar as grazas a todos os 37 deportistas galegos inscritos pola confianza depositada e ca esperanza de que volvan a inscribirse e apostar por manter vivo este deporte.


Vémonos na nova data: o 18 de setembro de 2021.


Noticias relacionadas:


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page