top of page

Monterroso incorpora un vehículo adaptado destinado aos servizos sociais municipais

Contou co apoio das axudas Leader xestionadas pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), cofinanciadas co Feader no marco do Plan Estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC)


Laura Moure/Monterroso

O Concello de Monterroso incorporou un vehículo adaptado destinado aos servizos sociais municipais, unha actuación orientada a mellorar a atención ás persoas con mobilidade reducida e facilitar os desprazamentos vinculados aos distintos servizos de carácter social que se prestan no municipio.

A iniciativa contou co apoio das axudas Leader xestionadas pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), dependente da Xunta de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan Estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC). O Goberno local recibe unha axuda do 87,5% do total.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

A incorporación deste vehículo permitirá reforzar os servizos sociais municipais e ofrecer unha resposta máis accesible e adaptada ás necesidades da veciñanza, especialmente no caso das persoas maiores, con dificultades de mobilidade ou que precisan apoio para realizar determinados desprazamentos vinculados á atención social.


Segundo recolle a documentación oficial, o vehículo está destinado especificamente aos servizos sociais e deberá incorporar a correspondente identificación vinculada á financiación europea e ás obrigas de publicidade establecidas pola normativa comunitaria.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Este novo vehículo foi recepcionado polo alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, acompañado polo equipo de Goberno.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page