Ambas administracións locais presentarán alegacións a este anteproxecto normativo, agardando que sexan tidas en consideración polo Ministerio de Transportes
Laura Moure/A Ulloa
O equipo de goberno de Monterroso amosa o seu profundo rexeitamento ao anteproxecto de Lei de mobilidade sostible por consideralo prexudicial e moi negativo para os concellos rurais e do interior de Galicia e que pretende eliminar varias paradas en certos concellos galegos. Algo no que tamén coincide o Concello de Palas de Rei.
Neste anteproxecto, o executivo central pretende eliminar varias paradas en certos concellos galegos que están a prestar un importante e necesario servizo á cidadanía. Dende o Concello de Monterroso destacan que se deseñou "cun profundo descoñecemento da España rural e especialmente dos concellos do interior de Galicia", polo tanto, mostran o seu malestar ante esta medida que pretende eliminar paradas de autobús nas líneas estatais que discorren polo municipio.

Amosan así a súa total indignación con esta decisión, á vez que, entenden que “os
Concellos estamos a facer un traballo incansable para a mellora de servizos e comunicación e de nada serve que dende os Concellos traballemos polo rural, si dende outras administración se eliminan servizos básicos e necesarios, como este”. Ademais recalca que sería un gran prexuizo non só para os veciños senón tamén para o turismo. Aseguran que, en vez de fomentar a uso de transporte público, especialmente polo seu beneficio para o medio ambiente e para a economía das familias, o que se pretende é a súa eliminación no rural non dando outras alternativas.
Pola súa parte, o Concello de Palas de Rei tamén amosa o seu profundo rexeitamento ao anteproxecto de Lei de mobilidade sostible por consideralo tamén "moi negativo para os concellos rurais e do interior de Galicia". O alcalde de Palas de Rei, (un dos concellos afectados), Pablo Taboada, amosa o seu profundo malestar ante esta medida que pretende eliminar paradas de bus nas líneas estatales que discurren polo municipio. Traslada, a súa vez, a súa total disconformidad con esta actuación, xa que segundo califica, é “un atentado” contra os concellos do rural. O alcalde palense, amósase preocupado coa línea que discurre entre Lugo e Santiago e que, con esta decisión do goberno central, suprime paradas en Palas de Rei, Melide e Arzúa. "Línea, que está a prestar un importante servizo ós veciños/as destas localidades, pero tamén, ós estudantes e os múltiples peregrinos que visitan a zona". O rexedor palense, amosaba a súa total indignación con esta decisión, a vez que, expresa que “de nada serve que dende os Concellos traballemos e nos esforcemos polo rural, si dende o Goberno de España se eliminan continuamente servizos básicos e necesarios para o rural, como este”, un punto máis no que coincide co equipo local de Monterroso.
Por iso, ambas administracións locais presentarán alegacións a este anteproxecto normativo, agardando que sexan tidas en consideración polo Ministerio de Transportes. Ao mesmo tempo, o Concello de Monterroso convida á cidadanía en xeral e asociacións a que presenten as súas propias para reivindicar un servizo de mobilidade tan importante para Monterroso a través da canle de participación pública do ministerio.
コメント