top of page

Monterroso demanda a sinatura dun convenio de cooperación económica coa Deputación de Lugo

O importe total ascende a 253.255 euros e cubre necesidades e actividades relacionados coa prestación de servizos públicos aos veciños e veciñas


Laura Moure/Monterroso

O equipo de Goberno de Monterrososometerá a votación no Pleno ordinario de hoxe unha moción para solicitar á Deputación de Lugo a formalización dun convenio interadministrativo de cooperación económica co Concello. A proposta precisa que o acordo debe reunir características análogas aos convenios que a institución provincial vén formalizando con diferentes municipios da provincia para o financiamento de investimentos e gastos correntes de competencia municipal.

Entre as actuacións e necesidades municipais que se pide financiar, todas elas vinculadas á prestación, conservación e mellora dos servizos públicos do Concello de Monterroso, estarían:

1. Mellora, renovación e eficiencia das instalacións de alumeado público municipal. En concreto, solicítanse 30.914 euros para financiar a mellora do alumeado público no Barrio dos Pinos e 23.764 euros para financiar a mellora do alumeado público en Montecalvo.

2. Solicítanse 31.644 euros para a reparación, conservación e equipamento de maquinaria e vehículos municipais destinados á prestación de servizos públicos, incluídos os empregados no servizo de obras municipais e no servizo de emerxencias de carácter

supramunicipal (GES).

3. Pídense tamén 23.596 euros para a subministración de combustibles para vehículos e maquinara municipal necesaria para manter o funcionamento dos medios empregados na prestación de diferentesservizos públicos.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

4. Demándanse 40.730 euros para a administración de produtos alimenticios destinados aos servizos municipais de carácter social, comoa Escola Infantil Municipal, o Centro de Día e o servizo de comidas a domicilio.

5. Tamén se demandan 3.920 euros para o servizo de fisioterapia destinados á mellora da atención e do benestar das persoas usuarias do Centro de Día.

6. Por último, demándanse 98.685 euros para a subministración de enerxía eléctrica para edificios, instalacións, infraestruturas e servizos municipais, necesaria para garantir o seu funcionamento e a continuidade dos servizos.


O importe total das actuacións e necesidades para as que o Concello de Monterroso solicita a cooperación económica da Deputación de Lugo ascende a 253.255 euros.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

O mesmo trato e as mesmas oportunidades

O equipo de Goberno manifesta que a solicitude “non pretende obter ningún trato privilexiado para o Concello de Monterroso”, senón garantir que os seus veciños e veciñas reciben da Deputación Provincial o mesmo trato e as mesmas oportunidades de acceso aos instrumentos de cooperación económica provincial que os habitantes dos demais municipios da provincia.


En consecuencia, demandan que a solicitude sexa atendida "con criterios de igualdade, obxectividade, proporcionalidade e equilibrio territorial e que,existindo convenios mediante os que se financian investimentos, servizos e gastos correntes doutros concellos, se lle conceda igualmente o investimento solicitado a Monterroso para necesidades debidamente acreditadas ou comparables e que, de non ser así, se motive de maneira expresa, suficiente e obxectiva a razón dunha eventual diferencia de trato. Monterroso non debe quedar á marxe de mecanismos de financiamento que a Deputación Provincial considera válidos e utiliza para atender necesidades equivalentes noutros concellos”, remarcan.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page